Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario para a contratación do servizo de limpeza do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras (expediente AB-EIO1-15-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación.

2) Domicilio: rúa Conde de Fenosa, 50.

3) Localidade e código postal: 32300 O Barco de Valdeorras.

4) Teléfono: 988 33 90 61.

5) Telefax: 988 32 50 56.

6) Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIO1-15-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: non; lote único.

d) Lugar de execución: véxase a cláusula 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro (24) meses.

f) Admisión de prórroga: si. Véxase o número 7.1.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxase o número 11 da folla de especificacións e cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 4.836.237,74 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.860.091,44 euros. Importe total: 2.250.710,64 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse os números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 13 de agosto de 2015. Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Comarcal de Valdeorras.

2) Enderezo: Conde de Fenosa, 50.

3) Localidade e código postal: 32300 O Barco de Valdeorras.

4) Enderezo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Localidade e código postal: 32005 Ourense.

c) Data e hora: a data e hora da realización das mesas da apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante (http://www.sergas.es).

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/s adxudicatario/s. Véxase o número 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de xullo de 2015.

12. Outras informacións:

Publicación anterior: anuncio de información previa DOUE 2014/S 235-413511, do 5 de decembro de 2014.

Ourense, 8 de xullo de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras