Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración de material diverso para a posta en marcha dos procesos de avaliación dos proxectos H2050 e Innova Salud, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade (expediente AB-SER1-15-033).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 13 de agosto de 2015.

a) Número de expediente: AB-SER1-15-033.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de material diverso para a posta en marcha dos procesos de avaliación dos proxectos H2050 e Innova Salud.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o período máximo de entrega será de 30 días.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1 e 48000000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Avaliación funcional do material proposto

0-40

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Tempos de subministración

0-10

Período de garantía

0-10

4. Valor estimado do contrato: 636.840,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 636.840,00 euros. Importe total: 770.576,40 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 13 de agosto de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase ao seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/os.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de xullo de 2015.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos