Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2015/108-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e novo CT praya Nerga.

Situación: Cangas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en 4 tramos:

1. 105 metros; orixe: CT Nerga; final: novo CT proxectado praia Nerga (en diante, CTPN).

2. 66 metros; orixe: apoio existente HV-1000/11 nº 43-14; final: CTPN.

3. 18 metros; orixe: CTPN; final: LMTS ao CT Bombeo Nerga.

4. 139 metros; orixe: CTPN; final: LMTS derivación aos CCTT Castros Nerga e Piscícola Morrazo.

Centro de transformación praia Nerga, de 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado en Angustes, O Hío, Cangas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 3 de xullo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Cangas; lugar: Angustes; referencia catastral: 36008A013001900000JI, polígono 13, parcela 190; titular: descoñecido; afección: 16,83 m2 para o centro de transformación.

Predio 2. Municipio: Cangas; lugar: Angustes; referencia catastral: 36008A013001890000JE, polígono 13, parcela 189; titular: descoñecido; afección: 17,32 m2 para o centro de transformación.