Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2015/49-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma LMT VLL810-VLL825.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 289 m de lonxitude, con condutor LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio nº 44 e remate no apoio nº 46; subestación alimentadora Velle.

Orzamento: 13.350,93 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 6 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2015/49 Concello: O Pereiro de Aguiar Provincia: Ourense

LMT VLL810-VEE825 Melias

Apoio

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

m2

1

Narnaxo

Erial

Benjamín Mayo Martínez

Frieira, nº 41, 32710 O Pereiro de Aguiar (Ourense)

45

2.0