Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31131

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se integra a María Jesús Movilla Fernández, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que na súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por María Jesús Movilla Fernández, con DNI 34988623B, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Enfermaría, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Enfermaría, con efectos económicos e administrativos do 13 de xullo de 2015.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, na forma e condicións previstas na lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 13 de xullo de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña