Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (369/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que pola resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Juan Manuel Vidal Formoso contra Proseman, S.L., Sequor Seguridad, S.A., Nordés Vigilancia, S.L.A., Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co nº DSP 369/2013, se acordou notificar a parte dispositiva do auto do 6.7.2015 ditada no procedemento DSP 369/2013 a Proseman, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto: 00093/2015.

DSP despedimento/cesamentos en xeral 369/2013.

Auto.

Maxistrada xuíza.

Susana Villarino Moure.

En Santiago de Compostela o seis de xullo de dous mil quince.

Parte dispositiva.

Dispoño ter por desistido a José Manuel Vidal Formoso da súa demanda fronte a Sequor Seguridad, S.A., administración concursal, Proseman S.L., Nordés Vigilancia, S.A. e Fogasa.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos definitivos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento DSP 369/2013 e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a Proseman, S.L., expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

A secretaria xudicial