Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xullo de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00182-O-2013 e cinco máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número LU-00182-O-2013 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado a sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00182-O-2013

0191-HHC

Garda Civil 2704 I64330I

Dalias Transport, S.L.

B04053328

Coop. Vvdas. Amanecer, B 4

04600 Huércal-Overa

(Almería)

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 24 horas e inferior a 30 horas.

10.1.2013; 17.04; A-8; 570,00

Artigo 140.37.6 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.500

Estimado parcial

LU-00677-O-2011

5177-DFK

Garda Civil 2701 F02025Q

Trajnsportcastell Frigo Grup, S.L.

B49169543

Polig. Cárnicas, nave 11

49600 Benavente

(Zamora)

Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparato de control de tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro.

25.2.2011; 00.15; A-6; 522

Artigo 141.8 da LOTT

Artigo 198.8 ROTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

Artigo 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

OU-01571-S-2013

0409-FWK

Policía Autonómica 94284-93363

Daniel Rodríguez Vázquez

44463991T

Coruña, 6-1º D

32005 Ourense

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos dos establecidos.

20.9.2013; 11.00

Cachamuíña

Artigo 142.16 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100

Desestimado

PO-01737-O-2013

4018-HKY

Garda Civil 3603 U36333E

Compañ. de Protec. y Vigilanc. Galaica, S.A.

A15922198

Plg. Tambre, Vía Edison, B.2,

portal 0, esc. 5, pl. 2

15820 Santiago de Compostela

(A Coruña)

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

15.3.2013; 11.36

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

Desestimado

PO-03120-S-2013

PO-8453-BG

Policía Municipal 294477

Distribuciones Cárnicas Rosada, S.L.

B36190445

Polígono Industrial Castiñeiras, 26

36930 Bueu

(Pontevedra)

Atenuante: a realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 Tn de MMA, carecendo de autorización.

4.7.2013; 08.40

Pza. América con r/ Coruña

Artigo 142.19 en relación co artigo 141.14 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra b)

201

Desestimado

PO-01650-O-2011

2159-GSP

Garda Civil 3603 V93728C

Transportes Duco, S.L.

B70086293

Vía Isaac Peral, Pg. Tambre, 20-22

15890 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Transporte de mercadorías perigosas en que os documentos de transporte non conteñen a correspondente información correcta (diferente das anteriores).

5.10.2011; 09.00; A-52; 278,3

Artigo 141.5.11 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801

Estimado parcial