Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-02123-O-2014 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-02123-O-2014 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Comunicáselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 1 de xullo de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-02123-O-2014

5955-HVD

Garda Civil 3203 T10323A

Juan Manuel Feijoo Fidalgo

44450294B

Paseo dos Amieiros

32890 Barbadás

Ourense

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

24.10.2014 11.12.00; A52; 144,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros

OU-02226-S-2014

9584-FGK

Policía autonómica 87874-94363

José Antonio Ozores Barros

35453270N

Gándara, 2 B, András

36620 Vilanova de Arousa

Pontevedra

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos os establecidos.

25.11.2014; 9.40.00; Ourense

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-02263-O-2014

1125-FSP

Garda Civil 3201 I12849B

Barral Álvarez, Cristóbal

35566272S

Minada,3, 1º b

36860 Pontevedra

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

3.12.2014; 00.50.00; A52; 203,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00047-O-2015

1368-HJC

Garda Civil 3201 A47914C

Envialia World, S.L.

B83115402

Avenida del Sol, 8, 10

28850 Torrejón de Ardoz

Madrid

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

31.12.2014; 9.47.00; AG-53; 80

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

OU-00129-O-2015

9695-FZF

Garda Civil 3203 T10323A

José A. Romero Maneiro

33283481C

Avenida Constitución, 41, Portosín

15999 Porto do Son

A Coruña

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

6.1.2015; 11.16.00; A52; 132,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros