Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de xullo de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes VP-C 42/15 e VP-C 47/15.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 42/15

Denunciada: Pilar Pardo Rodríguez (representante de Tu Idea Building, S.L.).

VP-C 47/15

Denunciada: Desiree Vivero Martínez.

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.