Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de xullo de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se lles notifican ás persoas interesadas os requirimentos de emendas das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do programa de axudas ao alugamento plan estatal 2013-2016.

Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fan, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 6 de xullo de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa de Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

ALUG0723B

Olivier Fernández Almeida

34628704L

R/ Cerca, nº 10, 5º

32500

O Carballiño

ALUG01090X

Kleidis Coromoto Chire Lara

49709873L

R/ Peña Trevinca, nº 44, 5º B

32005

Ourense

ALUG01179F

Andrea Hiria Gómez Fernández

44658328X

R/ Areal, nº 1, 2º B

32890

Barbadás

ALUG01485Z

Filipe José Fernandes

X1901538J

Estrada nacional 120, nº 95

32417

Ribadavia

ALUG01590G

Mª Sol Montoya Montoya

34991666h

R/ Progreso, nº 121

32003

Ourense

ALUG01704A Y

Jesús Manuel Sanmartín Vázquez

34997830H

R/ Río Salas, nº 19, 3º

32001

Ourense