Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de gas canalizado no concello de Santiago de Compostela (expediente IN627A 2015/3-1).

Expediente: IN627A 2015/3-1.

Solicitante: Gas Natural Distribución, S.D.G., S.A.

Denominación: rede de distribución con M.O.P. = 16 bar, para subministración de gas natural á Industria Piensos Nanfor, S.A.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Rede de distribución de gas natural canalizado soterrada, de 728 metros de lonxitude total, en tubaxe de aceiro Gr L245 de 6 mm de espesura, Ø4″ (710 metros) e Ø3′′ (18 metros), coa orixe no entronque coa rede existente Ø6″ denominada rede de distribución con M.O.P. = 16 bar, para subministración de gas natural a Aluminios Cortizo, S.A. (expediente IN627A 2000/10-1) mediante un te de toma en carga (t. t. c.) Ø6″ × Ø4″ sen reforzo situada entre os vértices V-18 e V-19 no punto de coordenadas UTM X: 527.756/Y: 4.736.294 da dita rede e que logo de transcorrer por vías públicas ata chegar á altura do camiño que leva ata a parcela do usuario onde se proxecta instalar un te reducido 4″ x 3″ e unha válvula Ø3″, remata nun cap 3″ proxectado no límite de propiedade de Piensos Nanfor, S.A.

– Paso especial: cruzamento do Rego do Vilar mediante perforación dirixida.

– Orzamento: 80.518,58 €.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE núm. 241, do 8 de outubro), modificada pola Lei 12/2007, do 7 de outubro (BOE núm. 158, do 3 de xullo).

– Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio (DOG núm. 244, do 21 de decembro), que regula o procedemento sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas.

– Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización das instalacións de gas natural (BOE núm. 313, do 31 de decembro).

– Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE núm. 211, do 4 de setembro), en particular o disposto na ITC-ICG 01 «Instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización».

– Normas UNE e UNE-EN de aplicación, particularmente, as normas UNE 60302 Canalizacións para combustibles gasosos. Localización, UNE 60310, Canalizacións de distribución de combustibles gasosos con presión máxima de operación superior a 5 bar e ata 16 bar, UNE-EN 12007-parte 1, Sistemas de subministración de gas: Canalizacións con presión máxima de operación inferior ou igual a 16 bar. Recomendacións funcionais xerais, UNE-EN 12007-parte 2, Sistemas de subministración de gas: Canalizacións con presión máxima de operación inferior ou igual a 16 bar. Recomendacións funcionais específicas para o polietileno - M.O.P. inferior ou igual a 10 bar (parte 2), UNE-EN 12007-parte 3, Sistemas de subministración de gas: Canalizacións con presión máxima de operación inferior ou igual a 16 bar. Recomendacións funcionais específicas para o aceiro e UNE-EN 12327, Ensaios de presión, posta en servizo e fóra de servizo. Requisitos de funcionamento.

– Decreto 51/2011, do 17 de marzo, da Consellería de Economía e Industria, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOG núm. 65, do 1 de abril de 2011).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña