Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, da subministración de detectores autónomos de incendios e adaptadores para racores de mangueiras contra incendios para a actuación en emerxencias na zona transfronteiriza no marco do proxecto Ariem 112 (asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias 112) cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (Poctep) 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23097

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 10 de agosto de 2015 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.050.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: a subministración de adaptadores para racores ou conexións das mangueiras contraincendios tipo storz e tipo barcelona, que facilite as intervencións conxuntas dos equipos contra incendios a ambos os lados da fronteira e a subministración de detectores de incendios autónomos para uso doméstico, para axudar a protexer vivendas que poidan ser máis vulnerables ás consecuencias dun incendio.

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: adquisición de 13.300 detectores de incendios autónomos.

Lote 2: adquisición de 1.465 adaptadores para racores de conexión tipo storz-barcelona de loita contra incendios.

d) Prazo de execución: dous (2) meses desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: lote 1: 38431200-7, lote 2: 35111200-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 200.738,00 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 242.893,00 €, IVE incluído. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe sen IVE: 165.289,26 €, IVE (21 %): 34.710,74 €, total: 200.000,00 €.

Lote 2: importe sen IVE: 35.448,76 €, IVE (21 %): 7.444,24 €, total: 42.893,00 €.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación. IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 10 de agosto de 2015.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas que deberá figurar no exterior dos sobres o CIF del licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público na data e hora indicadas. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

f) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias