Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0245/2015-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Vigo, 13 de xullo de 2015

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0245/2015-PPM.

Persoa interesada: Guido Gaspar Cavani.

NIE: X1171063H.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ La Paz, nº 8, Vigo (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0339/2015-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Dorado Solar.

NIF: 35489095A.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: San Pedro B, nº 8, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0354/2015-PPM.

Persoa interesada: Samuel Falcón Pomares.

NIF: 35435578F.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Max Estrella, nº 2, ptal. 1, 1º D, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0361/2015-PPM.

Persoa interesada: Alfredo Landín Rosales.

NIF: 76934160B.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Cabo Falcoeiro, nº 8, Poio (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0383/2015-PPM.

Persoa interesada: Luís Miguel Soutullo Fernández.

NIF: 76862129Q.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Luís Seoane, nº 68, O Grove (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0384/2015-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Díaz Otero.

NIF: 76934033E.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ As Barqueiras, nº 17, O Grove (Pontevedra).

Expediente: PSC-PO-0405/2015-COP.

Persoa interesada: Mariscos Ría de Galicia, S.L.

CIF: B15670516.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Mercado Central, Ferrol (A Coruña).

Expediente: PSC-PO-0424/2015-PPM.

Persoa interesada: Jesús Collazo Rodríguez.

NIF: 35311946T.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: camiño Tirán, 3, O Igrexario, Moaña (Pontevedra).