Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30810

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015 pola que se lle dá cumprimento ao Acordo do 20 de maio de 2015, da Comisión de Goberno, que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 231, do 2 de decembro de 2014, a Comisión de Goberno resolveu mediante Acordo do 12 de febreiro de 2015 a adxudicación do posto, que se fixo pública mediante Resolución do conselleiro maior do 17 de febreiro de 2015 (DOG núm. 142, do 3 de marzo).

Con data 17 de marzo de 2015, a funcionaria adxudicataria da praza formulou a súa renuncia a ela, que foi aceptada pola Comisión de Goberno nesa mesma data, e procedeuse a un novo nomeamento, na sesión do 20 de maio de 2015, entre os aspirantes cuxas solicitudes foron admitidas no presente procedemento, conforme o sinalado no referido Acordo da Comisión de Goberno, do 12 de febreiro de 2015.

De acordo co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, vixente por aplicación do establecido na disposición transitoria décimo quinta da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno de data 20 de maio de 2015,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ao funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario producirase o primeiro día hábil seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, de sete días se está en localidade distinta ou de vinte días se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, estivese gozando o interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Xesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3274889057 A0015.

Grupo: A2.

Apelidos e nome: Tajes Pérez, José.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número do posto: 025.

Nivel: 26.

Localidade: Santiago de Compostela.