Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 15 de xullo de 2015 de alleamento polo procedemento de poxa pública dun lote de madeira de eucalipto tronzada e amoreada, resultante da execución de accións do Plan de mellora e innovación forestal de Galicia, no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Ás 10.00 horas do día 20 de agosto de 2015 terá lugar, no salón de actos do Centro de Investigación de Lourizán, rúa Igrexa, 19, 36153 Lourizán, Pontevedra, perante a mesa presidida polo secretario técnico do Ingacal ou persoal en quen delegue, coa asistencia dun letrado/a da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un técnico I da Área de Xestión do Ingacal que actuará como secretario/a, a primeira, segunda e terceira poxa á alza do seguinte ben moble, cuxo alleamento foi acordado pola Resolución do 14 de xullo de 2015 do Instituto Galego da Calidade Alimentaria:

Lote único: 500 m3 de madeira de eucalipto tronzada e amoreada.

Tipo de licitación: 14.900,00 euros.

Tramo de licitación: 100,00 euros.

Para tomar parte na poxa será requisito necesario consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou a referida cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición do Ingacal.

Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda, se é o caso. Os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados, na páxina web do Ingacal: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/contratacion/

E nas dependencias do Centro de Investigación Forestal de Lourizán na rúa Igrexa,19, (apartado de correos Lourizán 127), 36153 Lourizán (Pontevedra), e na sede do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Pazo de Quián, s/n, 15881 Boqueixón (A Coruña).

Para poder ver a madeira será preciso concertar cita previa.

Teléfonos de información: 986 80 50 00 e 881 99 72 76.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria