Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PO-ALC-0065/11.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro) despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa norma, mediante este anuncio emprázase a Víctor Gómez Hortet (en representación de Hortet Gómez, S.L.) no anexo para ser notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A notificación deriva do contrato de arrendamento asinado no marco do programa Aluga regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, da vivenda sita en avenida Outeiro, Poio, Pontevedra.

A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura de Área Provincial do IGVS de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de xuño de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PO-ALC-0065/11.

Nome: Víctor Gómez Hortet (Hortet Gómez, S.L.).

Enderezo: Aldapa nº 37, 20012 San Sebastián.

Asunto: notificación para comparecencia resolución contrato.