Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos (expediente AC-EP 84/2015).

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que será facilitado no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Denunciada

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 84/2015

Mª Cristina Iglesias Sobrado

R/ Marqués de Pontejos, 8, 6º C, 15001 A Coruña

Punto 3

Artigo 26 e) da LO 1/1992

Artigo 28 da LO 1/1992

210,00 €