Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas publicado mediante Resolución do 3 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 36/2015).

Advertidos erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, publicada mediante Resolución do 3 de xullo de 2015 no Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 10 de xullo de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

A) No anexo I, Relación de persoal, no referente aos dous vixilantes de seguridade do Centro de Atención a Menores de Ferrol, son incorrectos os datos de «xornada laboral» e «antigüidade». Os datos correctos son os que se indican na táboa seguinte:

Categoría

Tarxeta de identificación profesional

Clave contrato

Xornada laboral

Antigüidade

Provincia

Centro

Lote

Vixilante de seguridade

32.841.656

200

85 %

4.10.2012

A Coruña

Centro de Atención a Menores de Ferrol I

Lote 1

Vixilante de seguridade

32.631.122

100

162 horas/mes

11.5.2000

A Coruña

Centro de Atención a Menores de Ferrol I

Lote 1

B) Na cláusula 6, Persoal de seguridade e horario, está incorrecto o horario dos vixilantes do Centro de Menores Avelino Montero.

– Onde di: «2 vixilantes masculinos 23.00/08.00 horas», debe dicir: «2 vixilantes masculinos 08.00/23.00 horas».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 8 da dita resolución, que queda do seguinte xeito:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar