1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.
4º. Fax: 981 54 01 18.
5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es
6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 51/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo para a realización dunha campaña de divulgación e información do Programa de garantía xuvenil nunha aula móbil.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Prazo de execución/entrega: tres meses desde a sinatura do contrato e, como máximo, ata o 10 de decembro de 2015.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
4. Valor estimado: cincuenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos de euro (54.545,45 €).
5. Orzamento: o orzamento máximo autorizado para esta contratación é de cincuenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos de euro (54.545,45 €), máis once mil catrocentos cincuenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos de euro (11.454,55 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de sesenta e seis mil euros (66.000,00 €), con cargo á anualidade 2015.
As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 5, medida 5.85.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 8.1.1.e) e f) do PCAP.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.1 do PCAP.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.
Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23069
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015
P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar