Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30678

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (295/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe.

Certifico que neste xulgado se seguen autos número 295/2013 por instancia de Felipe Gutiérrez Fernández contra Cosmetológicas SB, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 8 de xuño de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Fallo:

Estímase a demanda formulada por Felipe Gutiérrez Fernández fronte á empresa Cosmetológicas SB, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cosmetológicas SB, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de trinta e catro mil novecentos corenta e un euros con setenta e dous céntimos de euro (34.941,72 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cosmetológicas SB, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

O secretario xudicial