Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xullo de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/262/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 15 de xuño de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Luis Montero Martín e a Mª Cruz López Velicia, en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural, sen a preceptiva licenza municipal, consistentes no desmonte e construción de muros de contención que se levan a cabo no lugar de Santallamar-Esteiro, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo, mediante esta cédula, e ao abeio do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba mediante a que se concrete os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística