Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-033/2015-MV e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 7 de xullo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-033/2015-MV.

Denunciado: Antonio M. Amboage Vázquez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: SAN-CO-016/2015-RE.

Denunciado: Sergio Pérez Domínguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-CO-013/2015-IA.

Denunciado: José Feliciano Cotelo Barca.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: San-CO-010/2015-SG.

Denunciado: Manuel Fariña González.

Acto de notificación: proposta de resolución.