Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes PSC-CO-0100/2015-PPM e PSC-CO-0669/2014-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-CO-0100/2015-PPM e PSC-CO-0669/2014-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 3 de xullo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0100/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Antonio Novo Lazera.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vilanova, nº 22, Cee.

Expediente: PSC-CO-0669/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan José Domínguez García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 197, baixo, Culleredo.