Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

Expediente: ED-DXEFPIE-02/15SE. Contrato administrativo especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de centros de Galicia sostidos con fondos públicos.

1. Adxudicatario lote 1: Hezquide XXI, S.L.

1.1. Orzamento: 126.000,00 euros.

Data de adxudicación: 16.6.2015.

Data da formalización: 16.6.2015.

2. Adxudicatario lote 2: Red Leaf, S.L.

2.1. Orzamento: 155.666,50 euros.

Data de adxudicación: 16.6.2015.

Data da formalización: 16.6.2015.

3. Adxudicatario lote 3: Red Leaf, S.L.

3.1. Orzamento: 69.575,00 euros.

Data de adxudicación: 16.6.2015.

Data da formalización: 16.6.2015.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño) e no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria