Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015219AL-PO incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 2 de xuño de 2015, a instrutora do procedemento ditou a proposta de resolución do expediente sancionador 2015219AL-PO incoado a José Carlos Delgado Comesaña.

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Carlos Delgado Comesaña o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, número 43, 1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 25 de xuño de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015219AL-PO.

Denunciado: José Carlos Delgado Comesaña, con NIF 35438017P.

Último enderezo coñecido: rúa Blanco Amor, 20, 1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 3, 4 e 5 e capítulos I, VII, X e XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios de calidade da auga de consumo humano.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).