Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (195/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 195/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Valiño López contra Fondo de Garantía Salarial, Telefónica de España, S.A.U., Lobiso Desarrollos by People Group, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Juan Valiño López contra a entidade Lobiso Desarrollos by People Group e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Lobiso Desarrollos by People Group ao aboamento a Juan Valiño López da cantidade de 2.224,67 € brutos, por salarios devindicados en decembro de 2013 e xaneiro de 2014, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Juan Valiño López contra a entidade Telefónica España, S.A.U., a que debo absolver de todo o solicitado na súa contra.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lobiso Desarrollos by People Group, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2015

A secretaria xudicial