Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30059

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (82/2014).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 16.2.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando como estimo a demanda interposta por Constante Otero Oubiña e María Teresa Iglesias Pardavila, coa procuradora Sra. García Romarís, fronte á mercantil Promociones Erlana, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo declarar resolto o contrato de permuta de cousa presente por ben futuro e agrupación documentado na escritura pública do 19 de novembro de 2004, en que interveu a demandante como cedente a título de permuta e a mercantil demandada como cesionaria dos predios descritos no expositivo I da escritura.

Debo condenar e condeno a demandada a pagar á demandante a cantidade de oitocentos cinco mil cento corenta euros (805.140 €), máis o xuro legal correspondente, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño, que se unirá aos autos correspondentes.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Erlana, S.L., expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

O/a secretario/a xudicial