Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación da subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de catro equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia (expediente 39/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición, montaxe e posta en funcionamento de catro (4) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de entrega será de 90 días, desde o día seguinte á sinatura do contrato (ou o prazo menor ofertado polo licitador).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 30132300-6, 43411000-7 e 42923100-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 118.000 €. IVE (21 %): 24.780 €. Importe total: 142.780 €.

Valor estimado: 118.000 €.

5. Financiamento: expediente cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Pesca (FEP), eixe prioritario 3.3: portos pesqueiros, lugares de desembarque e ancoradoiros. Porcentaxe cofinanciamento: 75 % FEP-25 % Estado membro.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas), 981 54 02 01 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23064

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781) poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o 17 de agosto de 2015 ás 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar