Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a notificación dos acordos de inicio dos expedientes declarativos de procedencia de reintegro parcial e perda de dereito da subvención percibida (expedientes GAC 7-011 e GAC 2-050).

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións relativas aos acordos de inicio dos expedientes declarativos de procedencia de reintegro parcial e de perda de dereito da subvención percibida.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 03 55).

Nº de expediente: GAC 7-011.

Beneficiaria: Astropenta Medioambiente, S.L.

Enderezo: rúa Cuba, 3 portal, 1 ático A, 36300 Baiona.

Trámite: audiencia.

Prazo para presentar alegacións: quince (15) días.

Nº de expediente: GAC 2-050.

Beneficiaria: Ocio Atlántico Gestión de Servicios Turísticos, S.L.

Enderezo: Urbanización Os Verxeles, 2 apartamento 91, 15621 Cabanas.

Trámite: audiencia.

Prazo para presentar alegacións: quince (15) días.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar