Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (70/2015).

ETJ execución de títulos xudiciais 70/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 635/2014

Sobre despedimento

Demandante: Amelia Tilve Maquieira

Avogada: Justa María Ríos Jiménez

Demandados: Alimentación Julio y Nieves, S.L. e o Fogasa

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Amelia Tilve Maquieira contra a empresa Alimentación Julio y Nieves, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

a) Declarar a executada Alimentación Julio y Nieves, S.L. en situación de insolvencia por importe de 24.232,85 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alimentación Julio y Nieves, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial