Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (222/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 222/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Paz López contra Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución na seguinte sentenza:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Lucía Paz López, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.147,17 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial