Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29441

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2015/16.

Advertidos varios erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 1 de xullo de 2015, cómpre facer a seguinte modificación:

Na páxina 27484, debe substituírse o anexo publicado polo que figura a seguir.

ANEXO I
Datos básicos dos programas participantes no Plan Proxecta
durante o curso escolar 2015/16

Institución

Nome do programa

Ámbito

Definición

Temporización

Alumnado a que vai dirixido

Presidencia da Xunta de Galicia

(Secretaría Xeral para o Deporte-Fundación Deporte Galego)

Xogade

Saúde/actividade física

Fomento e consolidación de hábitos físico-deportivos saudables mediante a participación en actividades deportivas.

Curso completo

Primaria e ESO

Proxecto Deportivo de centro

Creación de unidades de promoción de actividade física saudable nos centros educativos.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos

Máis e mellor actividade física

Desenvolvemento dunha hora lectiva semanal de ciencias sociais ou ciencias da natureza en colaboración co profesorado de educación física nun contexto de actividade física e movemento fóra da aula.

Curso completo

Primaria

Móvete máis

Participación en actividades de carácter lúdico e transversal para o fomento da actividade física utilizando a música e o movemento.

Curso completo

Infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP, adultos

DAFIS

Valoración da condición física para a saúde e realización de actividades de promoción da vida activa e saudable.

Curso completo

Primaria, ESO e bacharelato

Presidencia da Xunta de Galicia (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)

Aprendo programando

Ciencia e tecnoloxía

Promoción do uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado.

Curso completo

De 4º a 6º de primaria e de 1º a 3º da ESO

Rapazas emprendedoras nas TIC

Fomento do emprendemento entre as alumnas de secundaria a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Curso completo

1º e 2º de ESO

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea)

Cooperación galega: o mundo que queremos

Solidariedade

Fomento da educación para o desenvolvemento, a solidariedade e a loita contra a pobreza.

Curso completo

ESO e ciclos de grao medio e superior

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade)

Por 365 días de respecto e igualdade

Igualdade

Prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Curso completo

ESO, bacharelato, FP e adultos

Donas de si

Visibilización das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega.

Curso completo

ESO

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Paisaxe e sustentabilidade

Medio ambiente

Fornecemento de recursos para comprender e interpretar as paisaxes próximas a través dos seus elementos constitutivos, da súa diversidade e do seu valor cultural e simbólico, para desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade.

Curso completo

Infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP

MeteoEscolas

Ciencia e tecnoloxía/medio ambiente

Coñecemento do clima da escola e do seu arredor.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato e FP

Protexe o teu medio

Medio ambiente

Formación dunha comunidade escolar investigadora que busque a mellora da calidade do aire e das augas.

Curso completo

Bacharelato e FP

Proxecto Terra

Patrimonio/desenvolvemento sustentable

Coñecemento dos espazos que habita o alumnado, facendo fincapé na arquitectura e na identidade territorial. Proxecto para o curso 2015/16: O dereito ao hábitat.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato e FP

Recíclate con Sogama

Desenvolvemento sustentable

Fomento da recollida selectiva de residuos.

Curso completo

Primaria

Proxecto Ríos

Medio ambiente

Fomento da conservación dos ecosistemas fluviais.

Curso completo

Infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos

Protexe os animais

Fomento da concienciación do alumnado na protección e no respecto polos animais domésticos co fin de garantir a tenza responsable dos animais.

Curso completo

Infantil, primaria

Naturézate

Difusión e promoción dos espazos protexidos de Galicia e fomento da concienciación e actitudes do alumnado cara á conservación da natureza.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato

Consellería de Economía e Industria (IGC)

Consumópolis

Consumo responsable

Mellora das pautas de consumo responsable do alumnado mediante a participación nun concurso con fases autonómica e estatal.

Medio curso

5º e 6º de primaria e ESO

Galicons-net

Investigación do alumnado a través dunha das temáticas propostas:

• Consumo e xénero

• Linguaxe publicitaria

• Comercio electrónico

• Servizos financeiros

Curso completo

Infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP, ensinanzas especiais e adultos

Consellería de Sanidade

Clases sen fume

Saúde/prevención

Prevención do tabaquismo.

Medio curso

1º e 2º de ESO

Salvavidas

Saúde/solidariedade

Fomento de actitudes favorables nos escolares cara á doazón e aos transplantes.

Curso completo

5º e 6º de primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos

Cociñando con saúde

Saúde/alimentación

Concienciación do alumnado sobre a importancia da calidade da oferta alimentaria na elaboración dos menús dos comedores escolares.

Medio curso

FP de grao medio (familia de cociña e restauración)

Xermoliño

Promoción da alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable.

Curso completo

Primaria

Xermolón

Promoción da alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable.

Curso completo

ESO

Consellería de Traballo e Benestar

Quérote+

Saúde/educación emocional

Asesoramento, formación e información en temas de autoestima, educación afectivo-sexual e convivencia nas aulas, nas redes sociais e nos espazos de ocio. 2 modalidades:

a) Socializando

b) Coñecéndonos

Curso completo

3º ESO

Parlamento Xove

Comunicación

Fomento do diálogo e da argumentación razoada das ideas propias como ferramenta para o consenso.

Curso completo

3º e 4º de ESO e bacharelato

Rede de Centros Escolares Solidarios

Voluntariado

Fomento entre os escolares do compromiso como voluntarios/as cunha entidade.

Curso completo

ESO, bacharelato e FP

Correspondentes xuvenís 3.0

Promoción e difusión de información de interese para a mocidade a través da creación dunha rede de correspondentes xuvenís nos institutos.

Curso completo

3º e 4º da ESO, bacharelato e FP

Consellería do Medio Rural e do Mar

Aliméntate ben

Saúde/alimentación

Mellora dos hábitos alimenticios do alumnado. 4 modalidades:

a) Froita na escola

b) Lácteos na escola

c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)

d) O sabor da aventura está no mar

Curso completo

a) 2º ciclo de infantil, primaria, ESO

b) Infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP de grao medio

c) e d) Infantil, primaria e ESO

O monte vivo

Medio ambiente/desenvolvemento sostible

Participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.

Curso completo

Primaria e ESO

Montentérate-O monte é a nosa vida

Fomento do coñecemento da multifuncionalidade do monte, da súa xestión sustentable e da importancia dos montes veciñais en Galicia.

Curso completo

Primaria e ESO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

Nós tamén creamos!

Audiovisual/normalización lingüística

Promoción da lingua galega a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, creando curtametraxes en galego.

Curso completo

2º ciclo de infantil e de 1º a 4º curso de primaria

Fitofaladoiro

Normalización lingüística/ciencia/patrimonio

Fomentar e divulgar o coñecemento lingüístico, científico e cultural relacionado coa biodiversidade vexetal de Galicia.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos

Proxecto didáctico Antonio Fraguas

Normalización lingüística/patrimonio

Fomentar a investigación sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro.

Curso completo

Primaria, ESO e bacharelato

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CGAI)

Cine en curso

Audiovisual

Exploración da potencialidade pedagóxica da creación cinematográfica.

Curso completo

Primaria, ESO e bacharelato

Fotografía en curso

Difusión e pedagoxía da creación fotográfica nos centros educativos.

Curso completo

Primaria, ESO e bacharelato

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral do Patrimonio Cultural)

Mirando polo Camiño

Patrimonio

Coñecemento, divulgación e protección do patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago.

Curso completo

Primaria, ESO, bacharelato, ciclos medios e superiores

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Agadic)

Ti es creador

Alfabetización audiovisual

Exploración das etapas do proceso creativo coa colaboración de autores e artistas que contribuirán a desenvolver experiencias creadoras.

Curso completo

3º e 4º curso de primaria

Ministerio do Interior (Dirección Xeral de Tráfico)

Mobilidade sostible e segura

Mobilidade

Promoción da mobilidade segura e sustentable entre o alumnado.

Curso completo

Infantil, primaria e ESO

Para unha información máis detallada sobre os programas, debe consultarse a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/6180