Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29447

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 8 de abril de 2015 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva. No anexo I da dita orde recóllese a modalidade A destas axudas.

Pola Resolución do 8 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril) adxudícanse as axudas posdoutorais, modalidade A, ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que contraten os/as candidatos/as seleccionados/as que aparecen na dita resolución.

No artigo 14 da orde de convocatoria establécese que, no caso de que se produza algunha renuncia, se poderán adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera, sempre que a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de resolución de concesión, e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polos solicitantes adxudicados na Resolución do 8 de abril de 2015 que se relacionan no anexo I.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada da lista de espera que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera que se relacionan no anexo III. Os novos contratos deberán formalizarse o día 1 de agosto de 2015.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG segundo as renuncias producidas e as novas adxudicacións.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de prazas

Crédito (en euros)

2015

2016

2017

2018

Total

09.40.561B.444.0

UDC

3

59.091,78

113.763,70

109.506,72

50.737,80

333.100,00

USC

26

490.469,52

984.461,64

943.329,04

465.939,80

2.884.200,00

UVIGO

21

364.352,38

764.032,88

748.700,54

390.114,20

2.267.200,00

Total

50

913.913,68

1.862.258,22

1.801.536,30

906.791,80

5.484.500,00

Quinto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Renuncias de solicitantes adxudicados

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/155-0

UDC

Cotelo

García

Rosalía

*****997A

Artes e Humanidades

83

2

2

ED481B 2014/053-0

USC

Rey

Rico

Ana

*****211P

Ciencias da Saúde

93

2

2

ED481B 2014/089-0

USC

Paredes

Méndez

Xavier

*****973W

Ciencias

89

1

1

ED481B 2014/176-0

USC

Martínez

Otero

Manuel Alberto

*****967W

Ciencias

87,5

3

3

ED481B 2014/175-0

USC

Böhme

 

Karola

*****476Z

Ciencias

86

1

1

ED481B 2014/076-0

USC

Regal

López

Patricia

*****907X

Ciencias

84

2

2

ED481B 2014/079-0

UVIGO

Conde

Pardo

Paula

*****5515Y

Ciencias

83,5

1

1

ANEXO II

Renuncia da lista de espera

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/124-0

UVIGO

López

Sandoval

Daffne Celeste

*****2495

non NIE

Ciencias

79,5

3

3

ANEXO III

Novas adxudicacións

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/132-0

UVIGO

González

Villanueva

Rita

*****333H

Ciencias

81

1

1

ED481B 2014/167-0

USC

Alonso

García

Isaac

*****187T

Ciencias

81

2

2

ED481B 2014/075-0

UVIGO

Carracedo

Segade

Lidia Isabel

*****924C

Ciencias

80,5

2

2

ED481B 2014/115-0

USC

Barros

Ríos

Jaime

*****401K

Ciencias

79,2

3

3

ED481B 2014/027-0

USC

Vázquez

Rodríguez

Saleta

*****932D

Ciencias

79

2

2

ED481B 2014/068-0

UVIGO

Barbosa

Pereira

Letricia

*****665P

Ciencias

78,5

2

2

ED481B 2014/119-0

UVIGO

Mateo

Mateo

Cintia

*****472N

Ciencias

78

2

2