Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Invatia Research, S.L. a Resolución do 5 de xuño de 2015 desta consellería pola que se acorda a finalización do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida (expediente CEI-SXT-2014/54).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo dos intentos de notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase mediante este anuncio a resolución que se sinala no anexo. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que hai que reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comenzará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes que comenzará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: Invatia Research, S.L. (CIF B70143011).

Último enderezo coñecido: polígono Novo Milladoiro, rúa das Hedras, nº 6, 1º U, 15895 O Milladoiro, Ames (A Coruña).

Data da resolución: 5 de xuño de 2015.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/54. Resolución do 5 de xuño de 2015 pola que se acorda a finalización do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida a Invatia Research, S.L. ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.