Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a Ildefonso Echevarría Reigosa, como interesado, o acordo de incoación de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), canteira Toxoeiras número 181, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Ildefonso Echevarría Reigosa, con último enderezo coñecido na rúa do Castrelo, 14, 3º, 27880 Burela, o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), canteira Toxoeiras número 181, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Ao dito acordo de iniciación poderanse achegar, nun prazo de dez (10) días, cantas alegacións, documentos ou informacións se consideren oportunas, segundo o artigo 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo