Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29264

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de xullo de 2015 pola que se crea o Rexistro Auxiliar da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar (área do forestal) de Ourense.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón, no seu artigo 8.2, que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares farase mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da Oficina do Rexistro Xeral.

A Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Ourense fixo o traslado de tres unidades dependentes dela: o Servizo Provincial de Montes, o Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e o Distrito Forestal XII Miño-A Arnoia, ao edificio, de titularidade da Xunta de Galicia, situado na rúa Villaamil e Castro, s/n, 32872 Ourense.

A distancia entre o novo edificio administrativo e as dependencias da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, o importante volume de asuntos de especial relevancia que reciben, así como razóns de eficiencia, seguridade e unha maior axilidade na tramitación, xustifican a creación dunha oficina de rexistro auxiliar.

Conforme o anterior, procede a creación dunha oficina de rexistro auxiliar no edificio administrativo situado na rúa Villaamil e Castro, s/n, 32872 Ourense.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Créase o Rexistro Auxiliar da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar (área do forestal), con enderezo na rúa Villaamil e Castro, s/n, 32872 Ourense.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza