Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de xaneiro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 3973, parágrafo 5, liña 5 da parte expositiva, onde di: «...cunha porcentaxe do 92,5 %...»; debe dicir: «...cunha porcentaxe do 91,89 %...».
Na páxina 3984, no artigo 9, número 4 da parte dispositiva, onde di: «A resolución da concesión de subvención, que se comunicará por escrito ao beneficiario, fixará expresamente o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 92,5 por cento, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, no eixe prioritario: 5, prioridade de investimento: 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.4, e o seu carácter de axuda de minimis, exenta da obriga de notificación en aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e incorporará, de ser o caso, as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria.»; debe dicir: «A resolución da concesión de subvención, que se comunicará por escrito ao beneficiario, fixará expresamente o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 por cento, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, no eixe prioritario: 5, prioridade de investimento: 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.4, e o seu carácter de axuda de minimis, exenta da obriga de notificación en aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e incorporará, de ser o caso, as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria».