Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de xuño de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00313-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00313-O-2015 e outros tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme ao previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00313-O-2015

9618-GCK

Garda Civil 1502 V87480V

Domínguez Estévez, Jose

34946691P

R/ Fotografo Luis Casado, 11, 2ª A

36205 Vigo

Pontevedra

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

7.10.2014; 10.54; AC-550; 69,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00378-O-2015

7479-HSY

Garda Civil 1504 I54077K

Blanco Vila, Sara

44445702L

Avenida de Zamora, 118, 4º B

32005 Ourense

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

21.10.2014; 11.54; N-634; 707,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00743-O-2015

8978-DXY

Garda Civil 1503 T67277V

Javier Achalandabaso Alonso

71929456S

R/ Soria, 4

34200 Venta de Baños

Palencia

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

24.10.2014; 17.21; N-VI; 578,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00744-O-2015

8978-DXY

Garda Civil 1503 T67277V

Javier Achalandabaso Alonso

71929456S

R/ Soria, 4

34200 Venta de Baños

Palencia

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

24.10.2014; 17.24; N-VI; 578,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros