Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28864

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015 pola que, en execución de sentenza, se anulan dous nomeamentos como profesores titulares de universidade.

En execución da Sentenza do 9 de marzo de 2015, ditada pola Sección Sétima da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, na que se declara que non procede o recurso de casación 867/2014, interposto pola Universidade da Coruña contra a Sentenza ditada o 11 de decembro de 2013, pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditada no recurso 353/2012, que estimaba o recurso interposto pola Avogacía do Estado por petición da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, anula a Resolución da Universidade da Coruña, do 4 de xullo de 2012, pola que se convocou concurso de acceso a dúas prazas de corpos docentes universitarios, e as do 30 de outubro e 5 de novembro de 2012, polas que se nomean profesores titulares de universidade nas prazas obxecto do concurso a Antonio Manuel Castro Castro (praza nº 12/025) e a Pablo Ligeiro Martínez-Risco (praza nº 12/024).

Esta reitoría resolve declarar a nulidade das resolucións da Universidade da Coruña, do 4 de xullo de 2012, pola que se convocou concurso de acceso a dúas prazas de corpos docentes universitarios, e as do 30 de outubro e 5 de novembro de 2012, polas que se nomean profesores titulares de universidade nas prazas obxecto do concurso a Antonio Manuel Castro Castro (praza nº 12/025: Área de Bioloxía Celular) e a Pablo Ligero Martínez-Risco (praza nº 12/024: Área de Enxeñaría Química).

Igualmente, esta reitoría, en virtude das competencias que lle están atribuídas conforme a lei, resolveu que a anulación dos nomeamentos debe retrotraerse ao momento da toma de posesión como titulares de universidade dos citados profesores, que permanecerán a partir desa data na situación e categoría laboral que os vinculaba á Universidade da Coruña o día anterior ao da toma de posesión, cos efectos económicos e administrativos que procedan.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña