Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28861

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Advertidos erros de transcrición na Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), publicada no Diario Oficial de Galicia número 125, do 6 de xullo de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 28.007, anexo II, punto 3. Formación e perfeccionamento, onde di: «Total puntos máximo 6 puntos», debe dicir: «Total puntos máximo 5 puntos».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes.