Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28859

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril) pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.6 da orde de convocatoria, á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.6 da orde de convocatoria, contra a baremación, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13. da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 1 de xullo de 2015

José Manuel González González
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais.
Baremación provisoria da fase de concurso

DNI

Apelidos e nome

Puntuación base II.2.1.

Puntuación

base II.2.2.

Puntuación

total

32815228-R

Nimo Silva, Abelardo

27,54

3,00

30,54

33326209-Z

López Fernández, Sonia

0,00

2,40

2,40

46914813-B

Sánchez Naveira, Francisco Javier

0,00

0,40

0,40

33285081X

Hermo Nimo, Antonio

0,00

2,00

2,00