Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato de subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería.

Mediante Resolución do 12 de xuño de 2015, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, actuando en nome e representación da conselleira de Traballo e Benestar, en virtude das facultades conferidas por Orde do 19 de agosto de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro de 2009, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 83, do 5 de maio de 2015, para a contratación da subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería, expediente 24/2015, por resultar excluídas todas as empresas ao non cumprir o prego de prescricións técnicas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este órgano de contratación, segundo se establece nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo se establece no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Isto faise público para os efectos previstos no artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar