Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 36/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4) Fax: 981 54 01 18.

5) Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es .

6) Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es .

7) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 36/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes: si/2.

Lote 1: centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Lote 2: outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

d) Lugar de execución/entrega: nos centros de menores e outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que conforman cada un dos lotes do contrato.

e) Prazo de execución/entrega: establécese para cada lote. O lote 1 entrará en vigor o 1.10.2015 e o lote 2 o 16.12.2015 e ambos os dous o 31.12.2016. As datas de integración concretas dos distintos centros son as que se establecen na cláusula 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en adiante PCAP).

f) Admisión de prórroga: si, por 10 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: dous millóns cincocentos noventa e nove mil cincocentos cincuenta e catro euros con sesenta e nove céntimos (2.599.554,69 €).

b) Valor estimado por lote:

– Lote 1: centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: 1.739.689,97 €.

– Lote 2: outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: 859.864,72 €.

5. Orzamento:

a) Orzamento distribuido por anualidades segundo os lotes:

– Lote 1: centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

• 2015: 67.458,00 € + 14.166,18 € (IVE 21 %) = 81.624,17 €.

• 2016: 682.381,99 € +143.300,22 € (IVE 21 %) = 825.682,21 €.

Total: 907.306,38 €.

– Lote 2: outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

• 2015: 5.122,40 € + 1.075,70 € (IVE 21 %) = 6.198,10 €.

• 2016: 380.798,47 € +79.967,68 € (IVE 21 %) = 460.766,15 €.

Total: 466.964,25 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada un dos lotes para os que presentase a proposición económica máis vantaxosa, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: segundo presente oferta para un dos lotes nos que se divide este procedemento ou para ambos os dous lotes.

– Se a empresa presenta oferta para un só lote, a clasificación necesaria é a seguinte:

• Para o lote 1: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría D.

• Para o lote 2: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría C.

– Se a empresa presenta oferta para os dous lotes, a clasificación necesaria é a seguinte: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría D.

b) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, será suficiente que estes acrediten a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional da maneira relacionada na cláusula 16.C. da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 18 da folla de especificacións do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22998

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar