Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2012/009-1).

Expediente: IN407A 2012/009-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: anexo 2 do proxecto para recuamento en MT autovía Carballo-Berdoias.

Concello: Coristanco.

Feitos.

1. O 1 de abril de 2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG número 83, do 5 de maio de 2015 e no BOP número 82, do 5 de maio de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria primeira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Afección 1 á liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 34 situados entre o CH Batán e o CT A Agualada I (p.q. 9+784) do tramo Carballo-Baio:

– Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 32 bis, coa orixe no apoio nº 32 proxectado de tipo C-14/2000 e final no apoio proxectado nº 32 bis do tipo C-14/2000, nunha lonxitude de 0,037 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al.

– Liña de MT subterránea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 bis e 33, coa orixe no paso aerosubterráneo no apoio nº 32 bis proxectado e final no paso aerosubterráneo no apoio proxectado nº 33, cunha lonxitude de 0,215 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3 (1×240) Al.

– Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 33 e 34, coa orixe no apoio nº 33 proxectado tipo C-18/3000, e final no apoio nº 34 existente nunha lonxitude de 0,215 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 36.476,70 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

– Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña