Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/172-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Fundación Laboral de la Construcción.

Domicilio social: A Poboa, 16 Montouto, Teo, 15883 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA.

Situación: A Pontepedriña de Arriba, 13, Santiago de Compostela.

Características técnicas: LMTS de 276+276 m de lonxitude en cable 12/20kV, 1×240 mm2 Al, para alimentar en bucle o CS proxectado. Entroncamento na LMTS SCY-812 no tramo entre o CT Romaño (15CD19) e o CT Avio (15CD15), na arqueta sita na beirarrúa da rúa da Torreira (Santiago). A LMT discorrerá pola rúa da Pontepedriña de Arriba, ata o CS proxectado. CS en caseta prefabricada de formigón compartida co CT proxectado, con 3 interruptores-secionadores de 24 kV, 400 A, 16 kA, en cabinas metálicas prefabricadas. CT en caseta prefabricada de formigón con transformador de 400 kVA, en baño de aceite, relación 20/0,42 kV. Aparellos de protección e equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o Conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña