Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (205/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 205/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Mariño Domínguez contra Pollos Albariza, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Lorena Mariño Domínguez contra Pollos Albariza, S.L., declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 3 de febreiro de 2015 e declaro a extinción na data da presente resolución da relación laboral que vinculaba a demandante coa mercantil demandada e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 5.091,02 en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución; e así mesmo condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 7.183,24 euros en concepto de liquidación e salarios debidos coa desagregación efectuada no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2015

A secretaria xudicial