Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 27 de agosto de 2013, ditada no expediente IU2/26/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar a interesada ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 1 de xuño de 2015, ditou resolución pola que se acorda desestimar o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 27 de agosto de 2013, ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que declaraba ilegalizables as obras de construción dunha vivenda e unha construción auxiliar, no lugar de Pedrouzos, parroquia de Bendoiro, no termo municipal de Lalín, Pontevedra. Así mesmo, resolve remitir o expediente ao Concello de Lalín para que exerza a súa competencia en materia de reposición da legalidade urbanística, consonte os artigos 209 e seguintes da LOUG, e proceder ao arquivamento nesta axencia do citado expediente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Santorum Rodríguez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, consonte o artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística