Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades nas aplicacións dos ámbitos de Benestar, Medio Rural, Mar, Emprego, Medio Ambiente e Mobilidade da Xunta de Galicia (expediente 110/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 110/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades nas aplicacións da área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia dos ámbitos de Benestar, Medio Rural, Mar, Emprego, Medio Ambiente e Mobilidade da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 5.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 803.295,87 €, máis 168.692,13 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 971.988,00 €, que se distribúe por lotes como segue:

Lote 1: sistema de información do ámbito de benestar.

2015: 27.547,93 € + IVE (5.785,07 €) = 33.333,00 €.

2016: 165.287,60 € + IVE (34.710,40 €) = 199.998,00 €.

2017: 137.739,67 € + IVE (28.925,33 €) = 166.665,00 €.

Total: 330.575,21 € + IVE (69.420,79 €) = 399.996,00 €.

Lote 2: sistema de información do ámbito de emprego.

2015: 10.743,80 € + IVE (2.256,20 €) = 13.000,00 €.

2016: 64.462,81 € + IVE (13.537,19 €) = 78.000,00 €.

2017: 53.719,01 € + IVE (11.280,99 €) = 65.000,00 €.

Total: 128.925,62 € + IVE (27.074,38 €) = 156.000,00 €.

Lote 3: sistemas de información do ámbito de medio ambiente e transporte.

2015: 10.743,80 € + IVE (2.256,20 €) = 13.000,00 €.

2016: 64.462,81 € + IVE (13.537,19 €) = 78.000,00 €.

2017: 53.719,01 € + IVE (11.280,99 €) = 65.000,00 €.

Total: 128.925,62 € + IVE (27.074,38 €) = 156.000,00 €.

Lote 4: sistema de información de xestión integral dos incendios forestais de Galicia.

2015: 13.773,55 € + IVE (2.892,45 €) = 16.666,00 €.

2016: 82.641,32 € + IVE (17.354,68 €) = 99.996,00 €.

2017: 68.867,77 € + IVE (14.462,23 €) = 83.330,00 €.

Total: 165.282,64 € + IVE (34.709,36 €) = 199.992,00 €.

Lote 5: sistema de información de xestión integral da formación pesqueira e do mar.

2015: 4.132,23 € + IVE (867,77 €) = 5.000,00 €.

2016: 24.793,39 € + IVE (5.206,61 €) = 30.000,00 €.

2017: 20.661,16 € + IVE (4.338,84 €) = 25.000,00 €.

Total: 49.586,78 € + IVE (10.413,22 €) = 60.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23007

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 12 de agosto de 2015, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 3.7.2015.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia