Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes LRD 045/14 e LRD 013/15.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lles notifica.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na avda. Ramón Ferreiro, nº 28, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 21 de maio de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LRD-045/14.

Interesados: comunidade hereditaria de Santiago Iglesias Martín e Mercedes Corredoira Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Díaz Castro, núm. 8, 1º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-013/15.

Interesada: Mª Regina Fernández Sueiras.

Último enderezo coñecido: r/ Aquilino Iglesia Alvariño, núm. 14, baixo B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.