Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional Pesan 1 2012/921-5.

Tentado sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia relativo ao procedemento de solicitude de suspensión condicional da execución da sanción.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan 1 2012/921-5.

Beneficiario: Ángel Novas Lemos.

NIF: 77402635E.

Enderezo: Santa Cristina de Cobres, nº 87, 36142 Vilaboa, Pontevedra.

Trámite: audiencia previa á revogación da suspensión outorgada.

Prazo para presentar alegacións: quince (15) días.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar